ISTO ESCOITEINO · Un grupo de rapazas falan sobre borracheiras no fondo do autobús o día que o Dépor ía celebrar o ascenso en Catro Camiños.
Entre as diferentes intervencións, esaxeradas e falsamente provocativas (escatoloxía, racismo...), conversan sobre a cantidade de copas que toman cando saen. Unha delas comenta que a semana anterior bebeu uns 15 cubatas, pero que non lle afectaron nada. Unha das súas compañeiras diagnostica a cuestión cunha marabillosa visión paracientífica:
—Es que con la rabia no te sube tanto.
O cretinismo nunca cesa. |