ISTO ESCOITEINO · Tarde de sol de agosto. Dous rapaces á porta do Eroski de Serres, en Muros. Sentados. Suados. Cansados. Comparten o silencio que permite estar baldado.
Ao cabo dun pedazo, un diríxese ao outro, como contestando a unha cuestión que deixaran uns minutos no aire:
—Non creo que haxa tabaco no ximnasio.
Precisamos algo máis para saber que eses dous nos caen ben? |