ISTO VINO · Mentres me somerxía na obra de Julio Jaramillo, estrela musical do Ecuador dos anos 50, na procura dos versos que abren o disco de Hermanos Gutiérrez antes referido, encontreime esta pequena creba: todos os títulos das súas cancións rematadas en ".wav".
Obviamente, trátase dun descoido de quen se encargou de subir as cancións ás plataformas dixitais; pero gústame a idea do bo de Julio, xa no Guayaquil de mediados de século XX, emperrenchadísimo en titular as cancións desa forma tan ciberpunk.
—Donde vosotros escucháis un bolero, yo atisbo el futuro. Mis tangos son para las computadoras.
Julio, tremendo visionario. |