ISTO ESCOITEINO · De camiño ao choio adoito atravesar unha das zonas máis pijas da Coruña. Nesta zona é habitual cruzarme con outras persoas igual de perdidas na experiencia ca min.
Foi o caso de dúas persoas que pasaron ao meu lado saíndo dun deses negocios que zumegan tecnofascismo e clasismo en dose 50/50. Estas dúas persoas, sen dúbida, ían falando sobre alguén que deixaran na tenda e, polas súas caras e expresións, dinme conta que se referían ao que consideramos un FLIPADO.
O mellor foi como sintetizaron o avoengo do fulano (lembremos que entre os pijos abunda a sobrecarga patronímica):
—¿Pero eso es un apellido o un podcast? |