|
É habitual que cando inicia un ano novo poidas pensar no que estará por vir, no que che gustaría que pasase. Se iso pode superarte, non che quero contar o que supón plantarte diante dos vindeiros 1.827 días coas súas horas e minutos, cada un posto detrás do outro.
Ademais desa proxección a futuro tamén cabe a cuestión previa de analizar como foron os anteriores cinco anos para imaxinar como serán os seguintes. Aí pensas na xente que apareceu, na que desapareceu, na que apareceu e desapareceu, nos bos momentos e en como cambiou todo.
Aínda que dubidei se empregar o caderno a modo de diario, finalmente comecei a escribir uns pequenos versos e textos breves cada día. Non sei como irá evolucionando, pero cando volva dicirche que pasou con este caderno, estaremos a comezos de 2030. Estaremos?
Estarás aí?
Estarei? |