APUNTAMENTOS RAROS NO MÓBIL · De camiño ao traballo encontrei unha furgoneta co rótulo: “Manuel Rivas Boquete. Construcciones”.
Idiota como son, a primeira interpretación que a miña mente alcanzou ante tal mensaxe foi: “Manuel Rivas ten unha empresa de construción...”. E ademais, para a empresa emprega un segundo apelido relacionado co sector, "Boquete", como adaptando o seu nome para darlle contexto e certa credibilidade ao business.
A partir de aí comecei a pensar en todas as empresas que Manuel Rivas podería ter na Coruña:
- Manuel Rivas Molete. Panadería.
- Manuel Rivas Billete. Asesoría económica.
- Manuel Rivas Alfinete. Costura.
- Manuel Rivas Carrete. Estudo de fotografía ou Efectos Navais.
- Manuel Rivas Foguete. Pirotecnia.
- Manuel Rivas Salmonete. Peixería.
- Manuel Rivas Chupete. Pediatra.
- Manuel Rivas Xarrete. Carnicería.
Posibilidades formais infinitas. Impulso económico alicerzado na confusión. Emprender desde o segundo apelido ata que faga tope. Chas! |