Preséntase o libro novo? Non se presenta? Si se presenta e, como xa sei cando e onde, envíoche un mail con moi pouca revisión ortotipográfica e grandes doses de "oh, non, non pode ser, ti outra vez, non pode ser, válgame deus".
Lembra recomendar esta newsletter aos teus peores inimigos compartindo a ligazón que poño aquí debaixo. Podes enviárllela acompañada do texto "Estou lonxe da casa, cariño, e só teño esta ligazón para amosarche todo o que non fun quen de coñecer sobre ti", pero, claro, só é unha suxestión. |