Un sábado á tarde non é un bo momento para enviar unha newsletter, pero é que un xoves de maio de 2025 non é un bo momento para que che cambien o termo da auga e che rebenten media cociña (1), pero é que unha vida enteira non é un bo momento para escribir literatura en galego, pero é que [o autor continúa con furia esta serie de aseveracións coa cabeza metida dentro dunha palangana chea de cabezas de xarda e os berros son inintelixibles].
(1) - É que quitaron o termo vello para meter un novo, pero rebentaron o moble da cociña, deixaron un enchufe colgando, un boquete aberto que dá directo ao tellado (un oco no que atopamos osiños e plumas de gaivota), furaron o pladur, quitaron varios estantes onde tiñamos olivas, chocolate, atún, améndoas, sal e esa clase de cousas. Un termo novo nun cráter. Quitaron o vello porque perdía e, dous días despois, o novo tamén perde. Imaxe. |