ISTO ESCOITEINO · Indo recoller unha encarga á libraría, crúzome con dous tipos de cincuenta anos longos, de vestir despreocupado e cinética amable.
Un dille ao outro con ton de natural honestidade:
—Yo, si tengo la cocina recogida, ya me parece que todo está bien.
Cimentar desde o núcleo.
A partir de aí: o mundo. |