Este é o primeiro boletín que envío desde a miña nova web e, antes de seguir co asunto, quería agradecerte que te apuntases a isto totalmente a cegas. Coma ti, hai unhas cantas persoas máis subscritas (moitas máis das que agardaba) e iso alégrame porque [FRAGMENTO ELIMINADO]. Se che mola, lembra que podes convidar a máis xente a subscribirse, porque, en fin.
O destes boletíns (newsletters, si) non era algo que tivese pensado facer, pero, como era unha opción que me ofrecía directamente a web, pensei: "Que diablos?!". Ademais, esta primavera publicarei novo poemario e pensei que este podía ser un bo xeito de comentar algunhas cousiñas sobre el con calma, por exemplo, dando contexto a algunhas das decisións que tomei, comentando algunhas das referencias que hai nel, etc.
—O deseño terá sempre este nivel de excelencia, oh, Samuel?
Non o creo.
—O contido sempre vai ser esta crudité de 180 quilos?
Quen sabe. Polo de agora, e deixando á marxe este saúdo-agradecemento-prólogo, envíoche algo de info sobre os proxectos literarios nos que ando, os últimos programas da Catapulta, algunhas recomendacións e achados e mais unha sección rara sobre apuntamentos raros que teño gardados no teléfono e que conteñen un lote de erros de escrita porque en lugar de dedos teño salchichas de Frankfurt (crudité).
Se tes unha suxestión ou comentario, podes facermos chegar ao correo que aparece na sección de contacto da web. |