O 18 de agosto participei no Roteiro Poético do Festival Ao Compaz de Saumede, na Bola (Ourense). A anterior frase é totalmente informativa. E cambio de parágrafo.
Dinlle á poesía dentro do forno de pan da aldea, que recuperaran non hai moito e que no mediodía do agosto da Bola supoñía un contraste indescifrable entre os elementos sombra, lume, sol e poesía.
Gratísima experiencia pola que agradezo ao Luix Kaf o convite e a hospitalidade, ao público asistente (moitisimas persoas metidas nun forno de pan aceso no mediodía de agosto da Bola) e á Xandra Táboas (Gravidade 0.0) polo documento audiovisual.