A poesía dos adultos novos

Tras a marabillosa experiencia no IV Festival Kerouac Polipoético de Vigo, toca cargar a chalana poética cos bártulos e poñer rumbo cara á Coruña.

O 8 de novembro celebrarase no Normal o VIII Encontro de Escritor*s Nov*s. Preto xa de cumprir os 30, chegou o momento de me presentar diante dos potenciais votantes do alcalde Negreira infiltrado no equipo de cadetes.

Deixo a seguir o programa, que tamén podedes consultar aquí, mais xa vedes que estarei ás 16.30 na mesa titulada Máis alá! O futuro da poesía en tempos mestizos, canda Lucía Aldao e con Gonzalo Hermo exercendo de comandante en xefe. Como ben indica o seu nome, falaremos sobre a presenza de Alá nos poemas futuristas mestizos de Macaco.

Despois, ás 18.00, recitarei algúns poemas sobre a cuarta gala de Gran Hermano 15.

PROGRAMA ENCONTRO AELG

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies