Entrevistáronme hai uns días no Diario de Arousa, antes da miña participación na Cidade do Libro de Vilagarcía. A entrevista pode lerse, porque o escrito (case sempre) pode ser lido.

Tamén estiven no Diario Cultural da Radio Galega conversando sobre Pifostio e O tenro é o salvaxe.
Pódese escoitar como audio que é, xa que o audio creouse para ser escoitado, igual que Agamenón foi creado para morrer na bañeira (unha porcentaxe altísima dos accidentes pasan no fogar, aínda que a rede de Clitemnestra viña comprada dos efectos navais de Argos e iso accidente o que se di accidente xa non era).