Volve o mítico e celebrado programa Nin Puta Idea nun episodio especial polo 30º aniversario de Cuac FM e volver soar a miña poesía e mais un texto do Pifostio (Xerais).
Todo a partir do minuto 20:30, mais recoméndoche escoitalo completo.
Poeta e escritor

Volve o mítico e celebrado programa Nin Puta Idea nun episodio especial polo 30º aniversario de Cuac FM e volver soar a miña poesía e mais un texto do Pifostio (Xerais).
Todo a partir do minuto 20:30, mais recoméndoche escoitalo completo.

O xoves 16 de abril acompaño a Tamara Andrés na presentación do seu libro Eu son de aquí e de alá.
Ás 19.00h na Libraría Berbiriana da Coruña.


Hai unhas semanas participei no Club de lectura do profesorado da Biblioteca do Galán no que participan docentes do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo, EEI de Vilarrodís-Oseiro e IES Pastoriza.

O motivo? Leron o meu Pifostio.
Un pracer conversar sobre a obra e que máis xente se achegue a ela para deixarse facer.

Eis un home feliz.

O 21 de decembro de 2025 ás 9.04 realizouse o roteiro Os muros son coitelas en Muros (os muros son coitelas).
Na web da AELG deixei un documento que recolle (os muros son coitelas) información sobre este roteiro (os muros son coitelas).
Que máis podo dicir?

O día con menos luz de todo o ano arrinca en Muros ás 9.04 a.m.
O día con menos luz de todo o ano arrinca en Muros cun roteiro literario.
O día con menos luz de todo o ano arrinca en Muros cun cafeíño previo á poesía. Como sempre.
Hai prazas limitadas e podes apuntarte a través do correo oficina@aelg.org. É de balde.
Máis info, ou menos, na web da AELG.


A Catapulta de novembro de 2025 foi servida aos tronos.
Trompetas, tambores e bocois repletos de bytes auditivos foron servidos ao sal.


O vindeiro 15 de novembro participarei no Festival Eñe, Festival Internacional de Literatura e Creación.
Será nunha sesión matinal chea de enes velares no Círculo de Bellas Artes de Madrid canda Miriam Reyes
Seica farei noite na Residencia de Estudiantes. Saquen as súas propias conclusións sobre a crise cultural que está a vivir o planeta.


Fomos a Coímbra. Tratáronnos espectacularmente, vivimos uns momentos preciosos e este libro é o que lembra que todo pode ser así, mellor que mellor.
Arrincando Marcos 2025 reúne textos de Paula Carballeira, Tamara Andrés e meus para celebrar esta viaxe por riba de valados e circunstancias sincrónicas que non prestan.
A miña selección de textos está feita seleccionando textos (bang-bang!) e a miña bio é unha nova chanza.
Pódese mercar na web de Edicións Positivas.
