En cumprimento da normativa vixente en materia de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, infórmoche de que este sitio web é propiedade de Samuel Lema París (samuel@paris.gal).
Obxecto do Sitio Web
Diría que esta web ten como finalidade principal dar a coñecer os traballos de Samuel L. París como escritor, poeta e defensa central, así como proporcionar información sobre novidades, eventos e outras historias nas que ande metido.
Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos presentes no sitio web, incluíndo textos, imaxes, deseños, logotipos, arquivos de audio, e calquera outro material, están protexidos polas leis de propiedade intelectual e industrial. Queda prohibida a súa reproducción, distribución ou modificación sen a autorización expresa do autor.
Política de privacidade
Para obter información detallada sobre o tratamento de datos persoais, remítote á política de privacidade.
Que palabra curiosa “remítote”, verdade? Esdrúxula a tope, con eses tes ao final: “-tote”. Unha auténtica bomba!
Ligazóns externas
O sitio web pode incluír ligazóns a sitios de terceiros. O autor non se responsabiliza dos contidos, produtos ou servizos ofrecidos por ditos sitios, nin das prácticas de privacidade daqueles. En serio, o contrario sería cargalo cunha responsabilidade para a que claramente non está preparado.
Modificacións
O autor resérvase o dereito de realizar cambios no sitio web, o seu contido e nestas condicións legais en calquera momento e sen previo aviso. Así que ao mellor estás lendo isto e o autor está maquinando un cambio… Zas! Cambiazo!
Leis aplicables e xurisdición
Estas condicións legais rexeranse pola lexislación española. Calquera controversia que poida xurdir en relación co sitio web someterase aos xulgados e tribunais competentes da xurisdición correspondente. Aínda que esperemos non chegar a eses extremos. Malo será que falando non apañemos, non?
Contacto
Para calquera consulta ou comentario sobre estas condicións legais, podes poñerte en contacto co autor a través da dirección de correo electrónico proporcionada.
Data de última actualización: 29/12/2023.