Escribir sobre un mesmo empregando a terceira persoa é repugnante. Estamos de acordo. Unha vez aclarado isto, ás veces é preciso contar con esta información reunida para que quen a precise poida recollela e saír pitando.
Samuel L. París é un escritor e poeta nado en Muros en 1984.
Como escritor publica en 2008 o Manual da destrución no Netlabel A Regueifa e en 2012 Inflamable en Edicións Positivas. Durante todo o 2013 escribe e publica un poemario completo á semana no seu blog. En 2015 publica, baixo demanda, 25 poemarios con textos inéditos e exclusivos escritos integramente a man. En 2020 coordina a antoloxía Internacional de Poesía Anarquista, publicada en Edicións Positivas. En 2023 lanza unha serie de novos poemas enviándoos en postais.
En 2024 publica o poemario O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo, de novo con Edicións Positivas.
Ao longo de todos estes anos ten ofrecido numerosos recitais no país e fóra del e participado nos principais festivais e eventos poéticos.
Formou parte de Francamente Cariño, dupla responsable de podcasts como MBA Mal, Novo Novo Cinema Galego ou GAMESA. Na actualidade dirixe e presenta A Catapulta, en colaboración co Salto Galiza, un programa sobre poesía que se emite mensualmente en directo nas canles de Youtube e Twitch de El Salto e que se pode escoitar en formato podcast.
Foi baixista da Terbutalina desde a súa formación ata 2017, publicando sete traballos discográficos coa banda e actuando en centos de concertos. Durante un ano tamén foi baixista en Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.
Samuel L. París, agora tamén en imaxes estáticas
Se precisas unha foto, podes usar esa de aí ou descargala. É difícil poñelo máis fácil (ollo ao contraste fácil-difícil da anterior oración).
Prensa, logro existe
Entrevistas
Entrevista no Letra en Obras a propósito do lanzamento do Inflamable
Entrevista no Diario Cultural da RG [a partir do minuto 43:30]
Entrevista no Tempos Dixital [sobre Terbutalina]
Entrevista no Zigzag Diario da TVG [a partir do minuto 20:50]
Entrevista no Zigzag diario da TVG [sobre Terbutalina]
Entrevista en Compostimes [sobre Terbutalina]
Entrevista no Nin Puta Idea [a partir do minuto 10:30]
Entrevista no Caderno de Verán do Sermos Galiza [PDF]
Entrevista no ZigZag Diario [sobre Thee Blind Crows]
Entrevista no Diario Cultural [sobre Thee Blind Crows]
Reseñas e críticas
Manual da destrución no Galicia Hoxe
Manual da destrución no blogue de Estíbaliz Espinosa
Manual da destrución n’A Nosa Terra
Inflamable no blogue de Armando Requeixo
Inflamable no blogue Bouvard e Pécuchet
Inflamable en Trafegando Ronseis
Inflamable en Ferradura en Tránsito
Inflamable en Que pasa na Costa
Outros
Poética, bio e poemas en As Escollas Electivas
Manual da destrución e Inflamable no Planeta Furancho [a partir do minuto 54:04]
Perfil, da man de Diego Ameixeiras en La Voz de Galicia [JPG]
“Poeta” de Inflamable no Intangible 23
“Muller” de Inflamable no Nin Puta Idea
Intervención na mesa redonda “Escritores na Universidade: como escribir o futuro?”
Faladoiro no Encontro de Escritores/as Novos/as: 1, 2, 3, 4 e 5.
Cuestionario Proust no Caderno da Crítica