O xoves 16 de abril acompaño a Tamara Andrés na presentación do seu libro Eu son de aquí e de alá.
Ás 19.00h na Libraría Berbiriana da Coruña.

Poeta e escritor
Artigos

O xoves 16 de abril acompaño a Tamara Andrés na presentación do seu libro Eu son de aquí e de alá.
Ás 19.00h na Libraría Berbiriana da Coruña.


Hai unhas semanas participei no Club de lectura do profesorado da Biblioteca do Galán no que participan docentes do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo, EEI de Vilarrodís-Oseiro e IES Pastoriza.

O motivo? Leron o meu Pifostio.
Un pracer conversar sobre a obra e que máis xente se achegue a ela para deixarse facer.

Eis un home feliz.

O 21 de decembro de 2025 ás 9.04 realizouse o roteiro Os muros son coitelas en Muros (os muros son coitelas).
Na web da AELG deixei un documento que recolle (os muros son coitelas) información sobre este roteiro (os muros son coitelas).
Que máis podo dicir?

A Catapulta de novembro de 2025 foi servida aos tronos.
Trompetas, tambores e bocois repletos de bytes auditivos foron servidos ao sal.

O vindeiro 15 de novembro participarei no Festival Eñe, Festival Internacional de Literatura e Creación.
Será nunha sesión matinal chea de enes velares no Círculo de Bellas Artes de Madrid canda Miriam Reyes
Seica farei noite na Residencia de Estudiantes. Saquen as súas propias conclusións sobre a crise cultural que está a vivir o planeta.

O domingo 28 de setembro ás 12.00 participarei nun encontro canda Fernando Castro Paredes e coa moderación de Concha Blanco. Será no Bela Fisterra.
O libro? O tenro é o salvaxe.
A terra? Afunde no mar.
Quen vai salvarse? Ninguén.


O sábado 27 de setembro estarei na Galería Maraca de Vigo ás 19.30h presentando Pifostio.
Bicarei bebés. Morderei monos. Proxectarei a sombra.


O luns 8 de setembro visita A Catapulta Maitane Vicente, da ULA Libraría Social da Serra de Outes.

Todo en directo a partir das 19.30h nas canles de Youtube e Twitch (Twitch!) de El Salto.

Non son quen de afirmar como será noutros días, pero sei que o 12 de setembro de 2025 ás 20.00 hei ser moi feliz porque volvo á ULA Libraría Social da Serra de Outes.
Desta volta será para participar nas Afinidades Electivas canda a poeta catalá Mireia Calafell.
