Aínda que dubido que noutra cidade alguén poida ser un protozoo mariño provisto dunha cuncha calcaria con buracos pequenos, todo sexa dito.
O vindeiro luns día 20 irei recitar uns versos ao Centro Ágora da Coruña dentro do ciclo Poetas Di(n)versos. Nesta ocasión, ademais de me padecer, poderedes disfrutar da poesía do italiano Lello Voce.
Todo dará comezo ás 20.30 e é con entrada libre ata completar aforo. Así que, ionquis de lo poético, tócavos espabilar, coller sitio e reservar o asento do lado para os vosos amigos invisibles (se che mola a poesía, non has de estar moi ben da cabeza).
Tedes máis información sobre a cita na web de Coruña Cultura.
“La ciudad donde nadie es foraminífero”… Tremenda parvada…
Deixa unha resposta