O ordenador máis potente da historia explota con só miralo. Esquecín traer a este blog as últimas intervencións, pero serei breve. O ordenador máis potente da historia explota con só pensar nel. Lúa Mosquetera pasou pola Catapulta e despois pasouse XM Xespi e despois pasaron Branca e Alfredo de Edicións Malafera. O ordenador máis potente da historia explota con só pensar nos obxectos que o rodean (explosión por espacialidade referida). Fixemos un recital de proba na Medusa Marga Tojo mais eu e unhas semanas despois fixemos un recital na SELIC e chamámoslle a todo iso DuoVersos e eu falo do universo (certo xogo aí, a verdade). O ordenador máis potente da historia explota só con escribir a secuencia “o ordenador máis potente da historia”.