Preséntoche os cadernos nos que me encarguerei de escribir a man o meu novo poemario. Son uns pequenos bechos dunhas cento e pico follas, elaborados integramente a partir de material reciclado e dun tamaño de 15×10’5 cm.
Volvo explicar brevemente en que consiste todo isto (o pracer da repetición) antes de comentar cómo poderás conseguir o teu exemplar:
- O meu novo poemario estará escrito a man.
- Cando digo que vai ir escrito a man, quero dicir que SÓ vai ir escrito a man. Os textos desta fornada non verán a luz de ningún outro xeito.
- Cada un dos exemplares terán unha parte de material único. Cada exemplar vai ser único. Vai ser irrepetible. É agora ou nunca.
- Só se poderán reservar previa demanda. Isto é un pacto entre ti mais eu. Un cara a cara.
Ben. Fica dito. Agora moito ollo porque se queres un exemplar, deberás saber que:
- Só se publicarán 15 exemplares do poemario.
- Os exemplares asignaranse por orde cronolóxica de reserva. Quen o pida primeiro, terá un exemplar. Se chegas tarde, ficarás sen o teu poemario.
- Cada exemplar terá un valor de 25 ouros.
- Os poemarios entregaranse en xuño. Buscarase a forma menos custosa e máis sinxela de realizar a entrega para cada persoa.
- A reserva pódese realizar desde xa enviando un correo a omeupoemario@gmail.com. Indica no correo que desexas reservar o teu exemplar canda o teu nome completo. Nuestros responsables de atensión al cliente se pondrán en contacto con usted.
Podes consultar calquera asunto con respecto a todo isto no mesmo enderezo de correo.
É agora ou nunca, sabías?
[ACTUALIZACIÓN]
Pois esgotáronse os exemplares en menos de dúas horas… Estou totalmente sorprendido!
Con todo, se non chegaches a tempo, anímoche a que igualmente mandes un correo a omeupoemario@gmail.com e pasarás a unha lista de espera. No caso de que algunha reserva se caia, informaráseche debidamente.
Agradecido enormemente a todo o mundo!