O undécimo programa da Catapulta foi esdrúxulo, porque, no caso contrario, sería undecimo ou undecimó, coa consecuente desorientación ordinal. A visita foi do grandísimo poeta Samuel Merino (fíxate que “grandísimo” tamén é esdrúxulo e que “fíxate” e “esdrúxulo” tamén son esdrúxulos). Pódese (esdruxulísimo) escoitar e ver na web do Salto e aquí abaixo, mestre.
No vindeiro (palabra grave) programa contarei coa presenza de Césareo Sánchez, poeta e presidente da AELG, da que (EH!) tamén formo parte.
Todo terá lugar o luns 15 de abril ás 19.30h en directo nas canles de Youtube e Twitch de El Salto.