Escribir consiste en escribir

VOLVEMOS

Amigas e amigos do asunto lírico, en 2015 volveremos ás andadas.

Para quen non o lembre, en 2013 tiven a mala idea de publicar un poemario á semana. O que naceu como unha promesa de aninovo, desembocou en 52 poemarios e resultou ser unha experiencia bastante brutal. Así se presentou o tema:

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=1s56_v8T0PM?rel=0&showinfo=0]

Pois para o ano toca volver ao asunto da escrita. Como será o asunto desta volta? Boa pregunta (son consciente de que son eu o que me pregunto a min mesmo e que esta clase de figuras retóricas mierder a maior parte das veces reflicten un desorde psicolóxico preocupante).

En 2015 levarei a idea de ser escritor ao límite da sensatez, porque, queirades ou non velo, un escritor é aquel que escribe e en 2015 voume dedicar a escribir.

—Samu, que nos estás container?

Nos primeiros meses do ano explicareino con máis detalle, pero xa vos poido avanzar o seguinte:

  • Publicarei poemarios escritos a man, porque escribir consiste en escribir. Aparcarei o ordenador. Rebentar o pulso.
  • Volvo ao formato físico, pero desta volta, coa miña persoa como única ferramenta. Escribir consiste en escribir.
  • Só se poderán conseguir baixo demanda previa. Explicareino máis adiante, xa veredes que será ben sinxelo.
  • O que escriba para esta idea de olla, non o publicarei de ningún outro xeito. Nin de xeito dixital, nin nunha editorial… Nada! Escribir consiste en escribir.
  • Ademais, cada persoa que se faga cun poemario, terá parte de material especialmente escrito para ela, en exclusividade. Todos os poemarios terán algo único.
  • Sabiades que escribir consiste en escribir?

En 2015, volveremos.

A muertísima.

Sen freo.


Busca na web



Categorías


Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies