Esta noite non soñei cunha illa feita só con cunchas e o xoves 27 de abril estarei en Carral, no Poetry Slam que se organiza mensualmente na Taberna Lume e Ferro para exercer de poetatore. Dará comezo ás 20.00, que é como se escribe as oito da tarde en idioma indoeuropeo serodio.
Recitarei ao inicio do evento e despois de que todas as persoas participantes exerzan a participatorianisma, aínda que esta noite non soñara cunha illa construída exclusivamente con cascas de banana.
Levarei unha cantidade escasa de exemplares dos meus libros para quen os queira adquirir por un prezo que decidirei no traxecto da miña casa á Taberna Lume e Ferro (todo isto considerando que esta noite non soñei, nin por un segundo, cunha illa formada unicamente de tona de mandarinas).