Preparaos para el futuro-woh!-woh!-woh!
O vindeiro 24 de setembro, e como parte do programa Escritoræs na Universidade, tumbareime enriba dunha mesa redonda cuxo título será E que faremos do lirismo? A pantasma da poesía dos oitenta. Todo terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo ás 13:00, con toda a puntualidade dos eventos realizados unha hora antes de ir xantar.
Falaremos da poesía? Falaremos de Sagat do Street Fighter II? Falaremos de cando Vagner lle meteu tremendo hostión a Tristán? Falaremos de como requentar a pizza no micro para que non acabe tendo a consistencia do pene fláccido dun can? A min non me preguntedes…
E agora, velaí vos deixo a imaxe oficial do asunto, para que vexades que non é unha mentira máis das miñas.
[ACTUALIZACIÓN]
Aquí podedes ver cómo foi a nosa mesa redonda: