O sábado 2 de decembro ás 20.00 e con puntualidade muradá estarei canda Marga Tojo no Culturgal, en Pontevedra, armando o DuoVersos.
Poesía e lume. Lume e poesía. De a dous.
Nas redes de Edicións Positivas podes propoñernos un título para un poema. Escolleremos un entre os propostos, escribirémolo e recitarémolo entre os dous por primeira e única vez no Culturgal. Ademais, se andas por alí o sábado, poderás levar o manuscrito para a casa (ou para a autocaravana que empregues a modo de vivenda) e despois facer lume con el, porque, quentar, algo quenta a poesía cando prende.
Deixa unha resposta