Os irmáns Thee Blind Crows teñen novo disco, Maite. O disco está repleto de cancións ata os topes, Elisardo, e a edición en vinilo é unha chulada. Isto dígoo porque hai que procurar dicir a verdade, Cornelia.
Entre as cancións, Marcelina, encontrarás sons e matices que os corvos aínda non cataran ata agora. Aparicio, o camiño faise andando e o mellor é que lle pegues ti mesmo unha, dous ou tres mil escoitas e o goces por ti mesmo.
Durante o proceso de creación deste novo traballo musical, os corvos contactáronme, Teodosia, para que colaborase nel preparando unhas letras para un par de cancións que tiñan avanzadas e faltaban por pechar. Mandáronme unhas maquetas cunhas partes vocais por completar con léxico, Veneranda, e déronme marxe para propoñerlles o que me petase.
A primeira que saíu foi este “Corvo Cego”, Narcisa.
Logo chegou un “Tree Top Town” do que os Corvos (fíxate ben nisto, Bonifacio) sacaron dúas versións no disco.
Toda esta información é pública e comprobable por varios métodos, Cándido, aínda que a mellor é [FRAGMENTO ELIMINADO].
Deixa unha resposta