Os últimos dous anos aproveitei estas datas para anunciar proxectos como o do poemario semanal ou o dos poemarios feitos a man. A lóxica di que non pode haber dous sen tres, mais ímoslle volver un bofetón á lóxica one more time. Vale que teño varios proxectos relacionados coa poesía (poesía, oístes?) en mente que quero materializar ao longo do ano, mais agora toca darlle de beber de mamar a outras prioridades. Entre estas prioridades está a de poñerme en paz coa literatura e con todo o que a rodea.
—¿Qué la rodea, Samu? ¿Mouchos?
Non, mofetas! Con todo, o 2015 foi un bo ano. Foi un gran ano. O dos poemarios feitos a man ao longo de todas as súas fases, pero destacando as entregas, resultou ser moi especial dado que…
—Samu, ¿vas a hacer un post de “mis niñxs, os quiero muchísimo” y esas mierdas?
Si, tes razón. Veña, remato este artigo no que, finalmente…
- Non anunciei nada.
- Se algo anunciei, foi que non tiña nada que anunciar.
- Non fixen resume ningún deste ano.
- Se serviu para algo foi para darme conta de que tiña un blog.
- Conseguín non poñerme moi mofeta e dicir que o 2015 blablabla que si Terbutalina blablabla que si la gente es lo mejor cuando es lo mejor pero que si no lo es pues ya tal blablabla que si el Festival de la Montaña blablabla que si los mouchiños blablabla que si el 2016 blablabla…
E o 2016 vai ser aínda mellor que o 2015.
Tiñas plans?