Si, si.
O tenro é o salvaxe é o meu novo poemario.

Dato científico sen lugar a dúbidas: escribín a maioría dos textos e dinlle forma final ao libro durante a miña estadía na Residencia de creación literaria da Illa de San Simón en novembro de 2024.
Dato biográfico sen vontade de (que?): aínda que poida non parecelo pola austeridade deste post, estou moi moi moi satisfeito co resultado da obra. Ao final dela xa agradezo a todas as persoas que me axudaron, polo que non o vou reiterar aquí. Ademais, agora mesmo só levo un café.

Nas vindeiras semanas anunciaranse as primeiras presentacións, pero antes haberá que tomar un café, non cres?
Con todo, en decembro de 2024 xa adiantei algúns dos textos nun recital para o ciclo “A literatura galega nas súas voces”, sendo nesta ocasión, “a literatura galega” unhas follas impresas na casa e “as súas voces” a voz dun muradán que aínda se sorprende de ter un cartón bancario porque o considera unha cousa que “teñen os maiores”.
Busca O tenro é o salvaxe na túa libraría, tenda en liña, biblioteca ou froitería habitual.