Poemarionova

POEMARIONOVA é o caderno de actividades poéticas positivas.

Nel encontrarás propostas divertidas e irreverentes para crear os teus propios textos poéticos. Sen complexos e xogando en liberdade.

Nesta páxina encontrarás exemplos de poemas e artefactos elaborados por persoas que xa enredaron con el.

Se queres enviar os teus, podes facelo a poemarionova@paris.gal.

Algunhas obras recibidas

Cantiga de Esfolar

Direi-vos eu de Abascal
que é un papahostias.
E eu, lavando toallas.

Que é un papahostias
Abascal e tem gram perfidia.
E eu, pagando a peaxe.

Tem gram perfidia
e meus olhos botan lume negro.
E eu, mergullándome no Pacífico.

O conto de Brian de Nazaret

O oso pardo é egoísta.
O rato é inconstante.
O moucho é agarimoso.

Egoísta, inconstante, agarimoso:
traición dos usureiros do bosque escuro.

O que me dixo o crocodilo

Unha nube é un enigma.
Un enigma é unha estrada comarcal.
Unha estrada comarcal é un avogado defensor.
Un avogado defensor é un neutrino.
Un neutrino é un nenúfar.
Un nenúfar é unha sinfonía.

Amo o nenúfar.

Subscríbete á newsletter.

Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies