E veña que si, que si, que si, que ten que ser que si; pero despois xa case pensas que non, que ao mellor non, que quen sabe, que sabe dios, que a quen se lle conte, que ao mellor nin tanto, que ao mellor nin tan pouco…
E volves que se si, que podería ser que si, que ao mellor, que tal vez, que segundo se mire, que xa case o comprendes, que o tes na punta da lingua, que non che queda nadiña; pero despois xa nada, que non, que non e que non.
E insistes que si, que se tes que escribir “si” tres millóns de veces non tes dúbida e colles e vas escribes “si” tres millóns de veces e algunha vez máis, porque ata perdes a conta das veces que escribiches “si” do engorilado que estás escribindo “si” e “si” e vai outro “si” e dalle e veña e “si” por aquí e “si” por alá; pero despois igual xa vas pensando que non, que ao mellor con negar todo unhas tres veces xa vai así servido e queda o conto en que non e non lle hai máis que facer, porque un “si” só son un par de letras e un “non” son moitas letras de dios, un 50% máis de letras que un “si”… E aínda así…
Dis que si?
Si.
Pero non.
[bandcamp width=100% height=472 album=2002589025 size=large bgcol=ffffff linkcol=990000 artwork=small]