Quen dixo que? Quen dixo cando?

O 1 de agosto ás 20.00 participo na Feira do Libro da Coruña nun faladoiro sobre (colle aire) heterónimas, anónimas, pseudónimos e caracteres literarios e/ou autoriais á sombra dun libro aberto.

Entendo que neste faladoiro conversarei con Berta Dávila, Rodrigo Osorio e Estíbaliz Espinosa sobre “como dixeches?”, “o que?” e tamén ao redor de “que dis que que?”. Asisto á cita disposto a explicar todo sobre a Internacional de poesía anarquista, malia que non lembre case nada.

Ao final, unha de nós lanzará unha boliña pequena ao chan que estourará e inundará a Carpa 2 dun fume mesto e desapareceremos (aínda que seguro que despois nos encontras do outro lado da rúa, por diante do Mango que hai alí ao lado do Obelisco).

Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies