En 2013 publiquei un poemario á semana.
—Xa o sabemos, pelma!
Un dos poemarios que publiquei naquel ano foi o samoponteatraballar, que escribín a partir de títulos que diferentes persoas me foron propoñendo en Twitter.
—E que? Que vas faser? Volver armar outra desas? Vaia imaxinasión, momia!
Volvo abrir convocatoria, desta volta a través de Twitter e mais de Instagram. Enviádeme propostas de títulos para poemas e miro de armar un poemario bueno, bueno para publicar canto antes. E se queredes tamén a través de comentarios neste post, AÍNDA QUE VAMOS…
Admito propostas ata mañá día 20 de maio ás 23.59. Por disir, vaia…
—Vale… Poesía, xusto o que nos fasía falta… Ponte a traballar, fai favor.