A mañá do venres 4 de xullo participarei na Festa dos Libros de Pontevedra.
Ás 12.30h participarei nun encontro arredor de diversas inicativas de animación á lectura e difusión literaria canda Mónica Cores (@libroscontos), Luz Pérez, do podcast Entreliñas, e Pilar Fernández Ruíz, en representación dos clubs de lectura da Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra. Todo coa presentación de Marta Gómez. Eu irei falar sobre A Catapulta.
Confírmanme desde a organización do evento que nesta conversa non participará T. J. McConnell.
En canto remate a conversa (probablemente, dous segundos despois) iniciarei a miña primeira presentación combinada, o sándwich mixto da literatura, presentando O tenro é o salvaxe e Pifostio.
Adianto que non participará nesta presentación Glacius, do Killer Instinct da SNES; sobre todo porque é un personaxe dun videoxogo dos noventa.

O programa completo está completo ata arriba de programa.
