Temos dous pulmóns ata que perdemos un pulmón

Pulmón esquerdo. Co motivo do lanzamento de O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo, entrevístanme en El Correo Gallego. Falo dunha cousa e da outra, do que si e do que non.

Pulmón dereito. Sen motivo aparente, Estíbaliz Espinosa le (mellorando) un dos meus textos da Internacional de Poesía Anarquista na Radio Galega. Pódese escoitar ao final da súa sección sobre o recendo dos libros.

Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies