Testemuños

“A obra de Samuel ten a estraña enerxía do bus urbano que fai a ruta que pasa polo cemiterio municipal”.

Celeste Macarroni, Adestradora de Robots de Cociña

“A nivel fisionómico: gran pedrerol”.

Luigi Cascarrubia, Doutor en Xenética pola Universidade Burger King

“Ninguén como el desenvolve os aspectos máis lesivos do poema”.

Jordan Clavicémbalo, Pediatra Inhabilitado

“Hai anos que non contesta ás miñas chamadas. Samuel, se estás lendo isto, que saibas que deixaches na miña casa o teu dildo co escudo do Leganés”.

Kristy Crocodilo, Tanatopractora

“Cando se trata de literatura, hai dous tipos de persoas. Samuel non é ningún deses dous tipos de persoas”.

Mercedes Carapocha, Heroinómana Amateur

“Escoitar un recital de París é como escoitar o camión do lixo descargando un container cheo de vidro”.

Antón Pototrolo, Catador de Chuchameles

Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies