“Cando será a última semana de poesía?” non é o mesmo que preguntarse “cando será a última semana da poesía?“.
A semana pasada estiven dándolle á poesía ou a poesía deume a min? Ou doeume? Fun ata Miño e pasei do Eume. Hidrografía, te pongas como te pongas. Chicha de jora con gasosa.
Estiven nas areiais:sonoras e no canto das dunas exercendo de poeta e de impresentable (50/50). Uxío tivo moita paciencia aceptando os meus alegatos luditas e a miña incapacidade para acabar de formular un argumento en cincuenta e pico minutos de conversa.
E tamén estiven no Loro Facu (con presenza corpórea da persoa as himself) e estas fotografías de Pedro Galbán demóstrano de xeito estático (dinamismo) e estético (formalismo). O público, a organización, o equipo técnico e as poetas que me acompañaron tamén tiveron a santa paciencia de aguantar a miña [INTRODUZA CALQUERA TIPO DE CARACTERÍSTICA PERSOAL MINIMAMENTE RELACIONADA CO TALENTO], o cal agradezo en grao sumo e por escrito.
Te lo dicen y te tienes que reír.