Política de privacidade

A privacidade dos visitantes deste sitio web é moi importante para min, por suposto. Nesta política de privacidade explico que datos persoais se recollen e como os utilizo (se é que os utilizo). Ao acceder a este sitio web, aceptas os termos e condicións descritos nesta política.

Datos persoais recollidos

Podo recoller información persoal identificable, como nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, etc., cando voluntariamente proporcionas esta información para subscribirte a boletíns, contactar comigo, deixar comentarios…

Uso dos datos recollidos

A información persoal proporcionada será utilizada exclusivamente para os fins especificados no momento da recollida. Non comparto a túa información con terceiros sen o teu consentimento explícito (só faltaría), a menos que sexa necesario para cumprir coas leis aplicables ou protexer os meus dereitos.

Cookies e tecnoloxías semellantes

Creo que este sitio web utiliza cookies e outras tecnoloxías para mellorar a experiencia do usuario. Podes configurar o teu navegador para rexeitar todas ou algunhas destas tecnoloxías. Non obstante, isto pode afectar a túa capacidade para interactuar co sitio. E dirás: “pero se esta é a web menos interactiva que vin na miña vida!”. Eu direiche: “outros virán que bo me farán”.

Ligazóns a sitios externos

Este sitio web pode conter ligazóns a sitios externos. Non son responsable polas prácticas de privacidade destes sitios, porque sería unha barbaridade e non durmiría tranquilo, e recoméndoche revisar as súas políticas de privacidade. Cando chegues a esas webs, non digas que vas da miña parte.

Dereitos do usuario

Ti tes dereitos sobre os teus datos persoais. Podes solicitar acceso, rectificación, supresión ou restrición do tratamento dos teus datos. Tamén tes dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control de protección de datos.

Cambios nesta política de privacidade

Resérvome o dereito de actualizar esta Política de Privacidade en calquera momento, porque un nunca sabe. A data de última actualización será indicada ao final da política. Recoméndoche revisar periodicamente esta páxina para estar informado sobre calquera cambio. Por exemplo, podes poñela como a web de inicio do teu navegador (que disparate, non?).

Contacto

Para calquera pregunta sobre esta política de privacidade, por favor, ponte en contacto comigo a través da dirección de correo electrónico proporcionada. Cancelarei todas as citas da miña inexistente axenda para comentar contigo todo o que desexes.

Data de última actualización: 29/12/2023

Esta web usa cookies para que poidas ter a mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando, estás dando o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies